Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 52

“Garda o corazón”

“Garda o corazón”

(Proverbios 4:23)

1. Vixía o teu corazón,

afástate do mal.

O noso interior Deus ve,

coñece o noso andar.

O corazón, ás veces, vai

quererte traizoar.

Seguindo as leis do noso Deus,

ti pódelo orientar.

2. Prepara o teu corazón

por medio da oración.

As grazas dá, confía a Deus

as penas e ilusións.

Non deixes de obedecer

con toda devoción.

Traballa pra seguir leal,

pra ter aprobación.

3. Protexe o teu corazón

centrándote no ben.

Verás que o podes conseguir

se a diario a Biblia les.

Estamos certos de que Deus

estima a quen é fiel.

Así que non dubides, non,

e faite amigo d’El!

(Ver tamén Sal. 34:2 [34:1NM]; Flp. 4:8; 1a Pe. 3:4.)