Canción 40
“Procurade primeiro o Reino”
1. Pronto o Reino de Xehová Deus,
do que Cristo é o rei,
poñerá fin ós problemas,
sendo xusta a súa lei.
(REFRÁN)
Procurade sempre o Reino,
confiade sempre en Deus.
Tende un corazón valente,
que Xehová ben coida os Seus.
2. Non vivades agoniados
polo que virá mañá:
cando o Reino vai primeiro,
nunca o pan vos faltará.
(REFRÁN)
Procurade sempre o Reino,
confiade sempre en Deus.
Tende un corazón valente,
que Xehová ben coida os Seus.
3. Polo tanto, vai e fala
de que o Reino está por vir.
A quen queira que te escoite,
dille a quen ten que servir.
(REFRÁN)
Procurade sempre o Reino,
confiade sempre en Deus.
Tende un corazón valente,
que Xehová ben coida os Seus.