Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 60

Xehová darache forzas

Xehová darache forzas

(1 Pedro 5:10)

1. Con gran amor, Xehová, chamoute á súa luz

e ó mundo de Satán atrás deixar.

Teu corazón El viu, magoado polo mal,

buscando a rectitude practicar.

A Deus promete sempre obedecer

e non te deixará a ti caer.

(REFRÁN)

Co sangue do Seu Fillo comproute Deus Xehová.

El firme te fará e forzas che dará.

No medio deste mundo sempre te coidará.

Si, firme te fará, El forzas che dará!

2. Xehová o Seu Fillo deu por ti e por todos nós;

El quere que feliz poidas vivir.

Se foi capaz de dar a vida de Xesús,

a forza d’El podemos recibir.

“Xamais te esquecerei”, promete Deus,

“eu sempre coidarei dos servos meus”.

(REFRÁN)

Co sangue do Seu Fillo comproute Deus Xehová.

El firme te fará e forzas che dará.

No medio deste mundo sempre te coidará.

Si, firme te fará, El forzas che dará!

(Ver tamén Rm. 8:32; 14:8, 9; Heb. 6:10; 1 Pe. 2:9.)