Ir ó contido

Ir ó índice

E ti, que cres?

E ti, que cres?

Algunhas relixións que basean as súas crenzas nunha interpretación literal da Biblia conclúen que a Terra, e todo o que contén, foi creada nun período de seis días de vinte e catro horas hai uns poucos miles de anos. Por outra banda, algúns ateos sosteñen que Deus non existe, que a Biblia é un libro cheo de mitos, e que tódalas formas de vida son produto dunha serie de casualidades.

Ti que pensas destes conceptos tan opostos? Hai quen adopta un punto de vista intermedio entre ambos. Poida que recoñezan que a Biblia ten certo valor e consideren a posibilidade da existencia de Deus pero, ó mesmo tempo, tamén respecten a opinión de científicos prestixiosos que defenden a evolución. Mesmo se tes fillos, quizais te preguntes que dicirlles cando queiran saber algo sobre a orixe da vida.

Cal é o obxectivo deste folleto?

Con este folleto non se pretende ridiculizar as opinións nin duns nin doutros. Máis ben, a intención é animar os lectores a que pensen na base das súas crenzas. As súas páxinas inclúen unha explicación do relato bíblico da creación no que posiblemente non pensases antes, e destacan canta importancia ten o que cremos sobre a orixe da vida.

Confiarás nos que aseguran que nin existe un Creador intelixente nin se pode confiar na Biblia? Ou investigarás o que di a Biblia? Que ideas merecerán a túa confianza: as bíblicas ou as evolucionistas? (Hebreos 11:1) Animámoste a que analices os feitos.