Ir ó contido

Ir ó índice

PARTE 2

Cal é a verdade acerca de Deus?

Cal é a verdade acerca de Deus?

Só hai un Deus verdadeiro. O seu nome é Xehová, ou Iavé (Salmo 83:19 [83:18 en Traducción del Nuevo Mundo (NM)]; Isaías 42:8). Non podemos velo porque é un espírito. Deus ámanos, e quere que nós tamén o amemos a El e ós demais (Mateo 22:35-40). É o Todopoderoso, o Creador de tódalas cousas.

A primeira creación de Deus foi un anxo moi poderoso, a quen se lle chegou a coñecer como Xesucristo. Xehová tamén creou outros anxos.

Xehová creou todo o que hai no ceo . . . e todo o que hai na Terra (Apocalipse 4:11)

Xehová Deus creou as estrelas, e tamén a Terra e todo o que hai nela (Xénese 1:1).

O primeiro home, Adam, foi formado do po da terra (Xénese 2:7).