PARTE 10
Que bendicións lles agardan ós que escoitan a Deus?
A maioría dos que xa morreron, resucitarán para vivir na Terra (Feitos 24:15)
Podes imaxinar como será a túa vida se escoitas a Xehová? Gozarás de saúde perfecta e ninguén enfermará. Non haberá xente mala e poderemos confiar nos demais.
Non haberá bágoas de tristura, nin dor, nin pena. Acabaranse a vellez e a morte.
Vivirás rodeado dos teus amigos e da túa familia. A vida no paraíso será un pracer.
Non viviremos con medo. Seremos felices de verdade.