Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 1

Que clase de xente somos as testemuñas de Xehová?

Que clase de xente somos as testemuñas de Xehová?

Dinamarca

Taiwán

Venezuela

India

Cantas testemuñas de Xehová coñeces? Poida que algún de nós sexa veciño teu, compañeiro de traballo ou de escola. Ou mesmo temos falado contigo da Biblia nalgunha ocasión. Pero, quen somos e por que falamos das nosas crenzas coa xente?

Somos xente normal. Entre nós hai xente de diversos antecedentes e niveis sociais. Algúns tiñamos outra relixión, e outros nin sequera pensabamos que Deus existe. Pero todos nós dedicamos tempo a analizar en detalle o que ensina a Biblia antes de ser testemuñas de Xehová (Feitos 17:11). E despois de aceptar esas ensinanzas, tomamos a decisión persoal de servir a Xehová.

Sacamos proveito de estudar a Biblia. Temos os mesmos problemas que calquera, e tamén loitamos contra as nosas debilidades. Pero ó esforzarnos por aplicar os principios bíblicos no día a día, vimos canto pode mellorar a nosa vida (Salmo 128:1, 2). Esta é unha das razóns polas que desexamos compartir cos demais as cousas boas que aprendemos da Biblia.

Vivimos segundo valores cristiáns. Estes valores, expostos na Biblia, contribúen ó noso benestar e promoven o respecto ós demais, a honradez e a boa educación. Axúdannos a ser membros produtivos da sociedade, e fomentan a moralidade e a unidade nas familias. Estamos convencidos de que “Deus non fai distinción de persoas”, e por iso formamos unha irmandade verdadeiramente internacional, sen barreiras políticas ou raciais. Aínda que somos xente normal, compoñemos un grupo único, diferente de tódolos demais (Feitos 4:13; 10:34, 35).

  • Que temos en común as testemuñas de Xehová co resto da xente?

  • Segundo que valores bíblicos tratamos de vivir?