Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 6

Como nos beneficia xuntarnos cos nosos irmáns cristiáns?

Como nos beneficia xuntarnos cos nosos irmáns cristiáns?

Madagascar

Noruega

Líbano

Italia

As testemuñas de Xehová consideramos moi importante asistir regularmente ás nosas reunións. Intentamos que nin as preocupacións nin o cansos que veñamos do traballo nos impidan estar nelas. Incluso nos climas máis duros ou onde fai falla camiñar polo medio da xungla, facemos por ir. Por que nos esforzamos tanto por estar cos nosos compañeiros de crenza?

Porque nos beneficia persoalmente. “Considerémonos uns ós outros”, escribiu Paulo referíndose a tódolos que nos xuntamos nas reunións (Hebreos 10:24). Considerar significa “pensar con coidado”. Así que o consello do apóstolo é que nos coñezamos ben uns ós outros, que nos preocupemos polos demais. Cando nos dedicamos a coñecer ben ós nosos irmáns, dámonos conta de que algúns deles superaron problemas similares ós nosos, e por tanto poden axudarnos a que os superemos nós tamén.

Porque facemos amigos de verdade. Nas reunións non nos tratamos como simples coñecidos, senón que temos unha relación de amigos cercanos. Por iso tamén compartimos o noso tempo de ocio divertíndonos de xeito saudable. Como resultado, crece o aprecio que nos temos, e o amor que nos une faise máis forte. Así que cando algún de nós ten algún problema, estamos desexando botarlle unha man, como fan os amigos de verdade (Proverbios 17:17). Cando nos relacionamos con tódolos irmáns da congregación, cumprimos o mandato da Biblia de preocuparnos “por igual uns dos outros” (1Corintios 12:25, 26).

Que bo sería que tódolos nosos amigos fosen persoas preocupadas por facer a vontade de Deus, verdade? Isto é precisamente o que as testemuñas de Xehová nos esforzamos por ser. Por iso, intenta que nada che impida seguir relacionándote con nós.

  • Por que é bo que asistamos ás reunións?

  • Cando che gustaría vir e coñecer á xente da nosa congregación?