Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 13

Que é un pioneiro?

Que é un pioneiro?

Canadá

Predicando polas casas

Facendo un curso da Biblia

Estudando a Biblia

O termo pioneiro refírese normalmente ós que exploran novas terras ou abren camiño para que outros os sigan. En certo sentido, Xesús foi un pioneiro porque veu á Terra a servir ós demais e abrir o camiño da salvación (Mateo 20:28). Hoxe en día os seus seguidores imitámolo dedicando todo o tempo que podemos a facer discípulos (Mateo 28:19, 20). E mesmo algúns fan por ser o que chamamos pioneiros.

A súa vida xira en torno á predicación. Tódalas testemuñas de Xehová predicamos as boas novas. Agora ben, algúns organizan a súa vida para ser pioneiros, dedicando setenta horas cada mes a predicar. Por iso, moitos deles escollen traballos a xornada parcial. Outros son seleccionados para ser pioneiros especiais en lugares onde se necesitan máis predicadores. Estes dedican un mínimo de cento trinta horas ó mes á predicación. Tódolos pioneiros confórmanse con levar unha vida sinxela, confiando en que Xehová lles dará o que necesitan para vivir (Mateo 6:31-33; 1Timoteo 6:6-8). Os que non poidan predicar tanto, teñen a opción de ser pioneiros temporais, que dedican trinta ou cincuenta horas á predicación un mes.

A súa motivación é o amor a Deus e ás persoas. Igual ca Xesús, decatámonos do necesitada que está a xente de coñecer a Deus e o seu propósito (Marcos 6:34). Pero ademais temos o coñecemento que os podería axudar xa dende agora, dándolles verdadeira esperanza. O amor ó próximo impulsa ós pioneiros a compartir con xenerosidade o seu tempo e as súas enerxías para axudar ós demais a achegarse a Deus (Mateo 22:39; 1Tesalonicenses 2:8). Como consecuencia, a súa fe fortalécese, síntense máis preto de Deus, e son moi felices (Feitos 20:35).

  • Que dirías que é un pioneiro?

  • Cal é a motivación dos que se fan pioneiros?