Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 14

Que formación reciben os pioneiros?

Que formación reciben os pioneiros?

Estados Unidos

Curso Bíblico Galaad (Patterson, Nova York)

Panamá

Unha das principais características das testemuñas de Xehová é a importancia que lle damos á educación bíblica. Por iso, todos aqueles que teñen a predicación como actividade principal na súa vida reciben unha formación específica para cumprir ben coa súa tarefa (2Timoteo 4:5).

Curso para Pioneiros. Asisten durante o seu primeiro ano como pioneiros. Dura seis días e normalmente ten lugar nun dos nosos locais. O seu obxectivo é axudarlles a achegarse a Xehová, a mellorar as súas habilidades nos diferentes xeitos de predicar, e a permanecer como pioneiros.

Curso para Evanxelizadores do Reino. Dura dous meses, e está deseñado para preparar a pioneiros con experiencia dispostos a mudarse a predicar onde faga falta. Poden ser matrimonios, ou homes e mulleres solteiros, de entre 23 e 65 anos. É coma se dixesen: “Aquí estou, mándame a min”, imitando a actitude do maior evanxelizador de tódolos tempos, Xesús (Isaías 6:8; Xoán 7:29). Marchar lonxe da casa pode implicar ter que adaptarse a un nivel de vida máis baixo, e a unha cultura, un clima e unha comida diferentes. Poida que ata sexa necesario aprender un novo idioma. O curso axuda ós asistentes a cultivar as calidades cristiás que necesitarán no seu destino, e as habilidades que os farán máis útiles para Xehová e a Súa organización.

Curso Bíblico Galaad. En hebreo, Galaad significa “montón de pedras que serven de testemuño”. Dende que se creou no ano 1943, máis de oito mil graduados deste curso foron enviados como misioneiros para dar testemuño “ata os confíns da terra” con moi bos resultados (Feitos 13:47). Por exemplo, cando foron por primeira vez a Perú, non había congregación ningunha, e agora hai máis de mil duascentas. E cando comezaron a predicar no Xapón, non había nin dez testemuñas de Xehová, pero agora hai máis de duascentas mil. O curso dura cinco meses, nos que se estuda en profundidade a Palabra de Deus. Invítase a esta formación intensiva a pioneiros especiais, misioneiros, persoal das sucursais, e responsables dos circuítos, co obxectivo de impulsar a nosa obra e darlle estabilidade.

  • Cal é o obxectivo do Curso para Pioneiros?

  • Para quen se deseñou o Curso para Evanxelizadores do Reino?