Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 27

Como nos pode axudar a biblioteca da congregación?

Como nos pode axudar a biblioteca da congregación?

Israel

República Checa

Benin

Illas Caimán

Gustaríache investigar algún tema en particular para saber máis da Biblia? Hai algún relato, personaxe, lugar ou algunha outra cousa que apareza na Biblia que che chame especialmente a atención? Ou te preguntaches se a Palabra de Deus poderá axudarte con algunha preocupación? Entón, achégate á biblioteca da congregación.

Dispón de ferramentas de investigación moi boas. Seguramente non terás na casa tódalas publicacións bíblicas das testemuñas de Xehová dispoñibles no teu idioma. Pois na biblioteca da congregación están a maioría das publicadas nos últimos anos. É probable que conte tamén con varias traducións da Biblia, bos dicionarios, e outras obras de consulta. Se ademais hai un ordenador, terá o programa Watchtower Library instalado, que contén moitas das nosas publicacións, e permite buscar nelas facilmente por temas, palabras ou versículos. Todos estes materiais están á túa disposición antes e despois das reunións.

É moi útil para os participantes na reunión Vida e Actividades Cristiás. A biblioteca vaiche ser de moita axuda para preparar as túas presentacións. O responsable da reunión Vida e Actividades ten a biblioteca ó seu coidado. É quen se ocupa de engadir as últimas publicacións, e de que todas se manteñan en bo estado. Tanto el coma quen estuda a Biblia contigo poden axudarche a atopar calquera información que necesites. Todos debemos ser coidadosos cos libros, e lembrar que non se lles poden facer marcas de ningún tipo nin sacalos do local de reunións.

A Biblia di que para atopar o coñecemento de Deus debemos ter o desexo de buscar por el “coma por un tesouro” (Proverbios 2:1-5). A biblioteca da congregación éche moi bo sitio para comezar esta busca.

  • Que ferramentas de investigación hai na biblioteca da congregación?

  • Quen che pode axudar a facer bo uso da biblioteca?