Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 28

Que podes atopar na nosa páxina web?

Que podes atopar na nosa páxina web?

Francia

Polonia

Rusia

Xesús díxolles ós seus seguidores: “Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos” (Mateo 5:16). Con esa finalidade, aproveitamos a tecnoloxía actual, incluíndo Internet. A nosa páxina web, jw.org, é a fonte oficial de información en liña sobre as crenzas e actividades das testemuñas de Xehová. Que contidos ofrece?

As respostas da Biblia ás preguntas que todos nos facemos. Podes atopar as respostas a algunhas das preguntas máis importantes que a xente se ten feito desde sempre. Por exemplo, as folliñas Acabará algún día o sufrimento? e Volverá a vivir quen morreu? Están dispoñibles na nosa páxina web en máis de seiscentos idiomas. Ademais, tes a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras en máis de 130 idiomas, e varias axudas para estudar a Biblia, como o libro Que ensina realmente a Biblia?, e os últimos números das revistas La Atalaya ¡Despertad!. Podes ler ou escoitar en liña moitas destas publicacións, ou descargalas en algúns dos formatos máis habituais, como MP3, PDF, ou EPUB. Tes a opción de imprimir as páxinas que queiras para dárllelas no seu propio idioma a quen lle poida interesar. Hai vídeos dispoñibles en moitas linguaxes de signos. Tamén se poden descargar relatos da Biblia, representacións teatrais de relatos bíblicos, e mesmo bonita música.

Información obxectiva sobre as testemuñas de Xehová. A web contén as últimas noticias e vídeos sobre a nosa obra mundial, acontecementos relacionados coas testemuñas de Xehová, e sobre as nosas labores humanitarias. Tamén anuncia os nosos próximos congresos e contén información sobre as nosas sucursais.

Grazas á nosa páxina web, podemos facer brillar a luz da verdade ata nas partes máis remotas do mundo. Estalle a facer moito ben a xente de tódolos continentes, mesmo da Antártida. Oramos “para que a mensaxe do Señor se difunda e se acolla” por todo o mundo para a gloria de Deus (2Tesalonicenses 3:1).

  • Como contribúe jw.org a que se coñeza a verdade da Biblia?

  • Que che gustaría ver da nosa páxina web?