LECCIÓN 8
Ioxías escolleu bos amigos
Pensas que é difícil facer o que está ben?— Moita xente pensa que si. A Biblia fala dun rapaz chamado Ioxías ó que lle foi moi difícil facer o que estaba ben. Pero tiña bos amigos que lle axudaron. Imos aprender máis de Ioxías e os seus amigos.
O pai de Ioxías foi Amón, un rei de Xudá. Amón era moi malo e adoraba ídolos. Cando o pai de Ioxías morreu, Ioxías converteuse no rei de Xudá. Pero só tiña oito anos! Cres que sería igual de malo que o seu pai?— Por suposto que non!
Aínda que era moi novo, Ioxías quería obedecer a Xehová. Por iso escolleu como amigos só a persoas que amaban a Xehová. Estes amigos axudaron a Ioxías a facer o que estaba ben. Quen foron algúns dos amigos de Ioxías?
Un dos seus amigos foi Sofonías. Sofonías foi un profeta que avisou a xente de Xudá de que lles pasarían cousas malas
se adoraban os ídolos. Ioxías fíxolle caso a Sofonías, e por iso adorou a Xehová, non os ídolos.Outro dos amigos de Ioxías foi Xeremías. Tiñan máis ou menos a mesma idade, e creceron sendo veciños. Eran tan bos amigos que, cando Ioxías morreu, Xeremías escribiu unha canción que falaba sobre canto o botaba en falta. Xeremías e Ioxías axudáronse sempre a facer o que estaba ben e a obedecer a Xehová.
Ioxías e Xeremías axudáronse a facer o que estaba ben
Que podes aprender do exemplo de Ioxías?— Incluso cando era pequeno, quería facer o que estaba ben. El sabía que debía facerse amigo de persoas que amasen a Xehová. Asegúrate de escoller amigos que amen a Xehová e che axuden a facer o que está ben!
MÍRAO NA TÚA BIBLIA
-
2o Crónicas 33:21-25; 34:1, 2; 35:25