Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 9

Xeremías non deixou de falar de Xehová

Xeremías non deixou de falar de Xehová

Por que a xente está enfadada con Xeremías?

Xehová salvou a Xeremías

Algunhas veces a xente búrlase de nós ou mesmo se enfada cando lles falamos de Xehová. Isto pode facer que queiramos deixar de falar de Deus. Sentícheste así algunha vez?— A Biblia fálanos dun rapaz que case deixa de falar de Xehová, aínda que o quería moito. O seu nome era Xeremías. Aprendamos máis acerca del.

Cando Xeremías era un rapaz, Xehová díxolle que tiña que avisar a xente de que deixasen de facer cousas malas. Xeremías non se sentía capaz de facelo e, por iso, tivo medo. Díxolle a Xehová: “Non sei que dicir. Son só un rapaz”. Pero Xehová díxolle: “Non teñas medo. Eu axudareite”.

Así foi como Xeremías empezou a avisar a xente de que serían castigados se non cambiaban. Cres que a xente lle facía caso a Xeremías?— Non, non lle facían caso ningún. Uns ríanse del e outros ata se enfadaban. Algúns incluso quixeron matalo! Como cres que se sentiu Xeremías?— Tivo medo, e dixo: “Non vou falar máis de Xehová”. Pero, de verdade se rendeu?— Non tal! Non podía deixar de falar de Xehová porque o quería moito. E como Xeremías non se deu por vencido, Xehová o protexeu.

Por exemplo, nunha ocasión uns homes malos botaron a Xeremías nun pozo cheo de lama. Non tiña nin comida nin auga. Aqueles homes querían que Xeremías morrese alí. Pero Xehová axudouno, e puido escapar!

Que podes aprender do exemplo de Xeremías?— Aínda que tivo medo algunhas veces, non deixou de falar de Xehová. Cando ti falas de Xehová, poida que a xente se burle ou se enfade contigo. Incluso poida que sintas vergoña ou teñas medo. Pero nunca deixes de falar de Xehová. El sempre te vai axudar, o mesmo que axudou a Xeremías.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Xeremías 1:4-8; 20:7-9; 26:8-19, 24; 38:6-13