Canción 154
Seguirei ata o final
Descargar:
-
Cristo demostrou
a forma de perseverar.
Malia toda a dor
viu máis aló, sen abalar,
centrouse na vida
que ía desfrutar.
(REFRÁN)
Eu miro cara adiante
sen medo ou dubidar.
Meu Pai, meu Axudante,
por ti eu sigo ata o final.
-
Se das nosas mans
o tempo foxe e vén a dor,
temos que lembrar
o que Xehová fará por nós.
Sentilo, vivilo
alivia a aflición.
(REFRÁN)
Eu miro cara adiante
sen medo ou dubidar.
Meu Pai, meu Axudante,
por ti eu sigo ata o final.
-
Imos resistir,
as penas non nos van deter,
sempre a servir,
loitamos sen perder a fe.
Xa queda moi pouco,
sabelo fainos ben.
(REFRÁN)
Eu miro cara adiante
sen medo ou dubidar.
Meu Pai, meu Axudante,
por ti eu sigo ata o final.
(Ver tamén Feit. 20:19, 20; Sant. 1:12; 1 Pe. 4:12-14.)