Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 6

Oito persoas sobreviven ó Diluvio

Oito persoas sobreviven ó Diluvio

Noé, a súa familia e mailos animais entraron na arca. Entón, Xehová pechou a porta e comezou a chover sen parar! Choveu tanto que a arca comezou a flotar. Segundo pasaban os días, toda a terra foise cubrindo de auga. Noé e a súa familia estaban a salvo, pero tódalas persoas malas que estaban fóra da arca morreron. Imaxinas o contentos que se puxeron por obedecer a Xehová?

Choveu a mares durante corenta días e corenta noites. Entón parou e o nivel da auga foi baixando. A arca quedou pousada nunha montaña, pero fóra aínda había moitísima auga. Por iso, Noé e maila súa familia non podían saír.

Pouco a pouco, a auga desapareceu de todo. En total, Noé e maila súa familia botaron máis dun ano dentro da arca! Entón, chegou o día no que Xehová lles dixo que podían saír. Fóra xa non había xente mala. Estábanlle tan agradecidos a Xehová porque os salvara que lle fixeron unha ofrenda.

A Xehová gustoulle moito aquela ofrenda, e prometeu que nunca máis mandaría un diluvio para acabar coa vida na terra. Como símbolo desta promesa, fixo aparecer no ceo un arco da vella, ou arco iris. Viches algunha vez un arco da vella?

Despois, Xehová mandoulles que tivesen fillos para encher a terra.

“Noé entrou na arca; e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos” (Mateo 24:38, 39)