CAPÍTULO 8
Abraham e Sara obedecen a Deus
Cerca de Babel había unha cidade que se chamaba Ur. Alí a xente adoraba moitos outros deuses diferentes a Xehová. Pero había un home que só adoraba a Xehová. Chamábase Abraham.
Xehová díxolle a Abraham: “Deixa a túa casa e os teus parentes, e vai á terra que che mostrarei”. Entón prometeulle: “Farei de ti unha nación grande, e por medio de ti traerei cousas boas para a xente de toda a terra”.
Abraham non sabía onde o mandaría ir Xehová, pero confiou nel. Así que Abraham, a súa muller Sara, o seu pai Térah e o seu sobriño Lot obedeceron a Xehová. Colleron as súas cousas e comezaron aquela longa viaxe.
Abraham tiña 75 anos cando el e maila súa familia chegaron á terra que Xehová quería mostrarlles. Aquela terra chamábase Canaán. Alí, Deus falou con Abraham e fíxolle a seguinte promesa: “Voulle dar ós teus fillos toda a terra que estás a ver”. Pero Abraham e Sara eran vellos e non tiñan fillos. Como seAbraham, “movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía” (Hebreos 11:8)