Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 9

Abraham e Sara teñen un fillo

Abraham e Sara teñen un fillo

Abraham e Sara levaban moitos anos casados. Deixaran as comodidades que tiñan en Ur e vivían nunha tenda de campaña. Pero Sara non se queixaba porque sabía que facer o que Xehová lles mandara era o mellor para eles.

Sara tiña tanta gana dun fillo que lle dixo a Abraham: “Se a miña serva Hagar tivese un fillo, sería como se fose meu”. Co tempo, Hagar tivo un neno que se chamou Ismael.

Moitos anos despois, cando Abraham tiña 99 anos e Sara 89, visitáronos tres homes. Abraham invitounos a comer e a descansar debaixo dunha árbore. Sabes quen eran aqueles homes? Eran anxos! Dixéronlle a Abraham: “De hoxe nun ano ti e maila túa muller habedes ter un fillo”. Sara estaba dentro da tenda escoitando. Entón riuse para si e pensou: “Ós meus anos? Como vou ter un fillo?”.

O ano seguinte, Sara tivo un neno, tal e como o anxo de Xehová lles prometera. Abraham chamoulle Isaac, que significa “risa”.

Cando Isaac tiña uns cinco anos, Sara viu que Ismael se burlaba del. Como quería protexer o seu fillo, foi onda Abraham e pediulle que botase da casa a Hagar e mais a Ismael. Ó principio, Abraham non quería facelo, pero Xehová díxolle: “Faille caso a Sara. Eu coidarei de Ismael. As miñas promesas vanse cumprir mediante Isaac”.

“Pola fe e por considerar merecente de fe ó que lle prometera descendencia”, Sara “recibiu poder para fundar descendencia” (Hebreos 11:11)