Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 23

Os israelitas fan unha promesa

Os israelitas fan unha promesa

Uns dous meses despois de saír de Exipto, os israelitas chegaron ó monte Sinaí e acamparon alí. Xehová pediulle a Moisés que subise á montaña, e díxolle: “Eu salvei os israelitas. Se me obedecen e cumpren as miñas leis, serán o meu pobo escollido”. Moisés baixou e contoulles ós israelitas o que Xehová lle dixera. Como responderon eles? Contestáronlle: “Faremos todo o que Xehová nos mande”.

Moisés volveu subir á montaña e Xehová díxolle: “Dentro de tres días vou falar con vós. Advirte o pobo de que non se achegue ó monte Sinaí”. Moisés baixou e mandoulles que se preparasen para escoitar a Xehová.

O terceiro día, os israelitas viron que na montaña había lóstregos e unha nube escura. Comezaron a escoitar uns tronos moi fortes e o son dunha trompeta. Entón Xehová baixou ó monte no medio dun lume. Os israelitas tiñan moitísimo medo. A montaña comezou a tremer e encheuse de fume. O son da trompeta era cada vez máis forte. Entón Deus díxolles: “Eu son Xehová. Non debedes adorar outros deuses”.

Moisés subiu outra vez ó monte, e alí Xehová deulle unhas leis para que todo o pobo soubese como tiña que adoralo e como debía portarse. Moisés escribiunas e léullelas ós israelitas. Eles prometeron: “Faremos todo o que Xehová nos mande”. Acababan de facerlle unha promesa a Deus. Pero, cumpriríana?

“Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento” (Mateo 22:37)