Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 36

A promesa de Iefté

A promesa de Iefté

Os israelitas abandonaron de novo a Xehová e comezaron a adorar deuses falsos. Cando os amonitas os atacaban e loitaban contra eles, eses deuses falsos non facían nada para axudalos. Os israelitas pasárono moi mal durante moitos anos, ata que finalmente lle dixeron a Xehová: “Pecamos contra ti. Por favor, sálvanos dos nosos inimigos”. Destruíron as imaxes que tiñan dos deuses falsos e volveron adorar a Xehová, quen non quería velos sufrir máis.

Un guerreiro chamado Iefté foi o escollido para liderar o pobo na batalla contra os amonitas. Díxolle a Xehová: “Se nos axudas a gañar a batalla, prometo darche a primeira persoa que saia da miña casa ó meu regreso”. Xehová escoitou a oración de Iefté e axudoulle a gañar a batalla.

Cando Iefté volveu á súa casa, a primeira persoa que saíu a recibilo foi a súa filla, bailando e tocando a pandeireta. Iefté non tiña máis fillos nin fillas. Que faría? Lembrouse da súa promesa e dixo: “Oh, non, miña nena! Párteseme o corazón! Pero fíxenlle unha promesa a Xehová e, para cumprila, terás que ir servir ó tabernáculo en Xiloh”. Entón a súa filla respondeulle: “Papá, se lle fixeches unha promesa a Xehová, debes cumprila. O único que pido é pasar dous meses nas montañas coas miñas amigas. Despois diso irei ó tabernáculo”. A filla de Iefté serviu no tabernáculo o resto da súa vida. As súas amigas ían tódolos anos a visitala.

“Quen ame a seu fillo ou a súa filla máis ca a min non é digno de min” (Mateo 10:37)