Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 44

Un templo para Xehová

Un templo para Xehová

Pouco despois de que Salomón chegase a ser o rei de Israel, Xehová preguntoulle: “Que queres que che dea?”. Salomón respondeulle: “Son novo e non sei como vou facer. Por favor, dáme sabedoría para coidar do teu pobo”. Xehová díxolle: “Xa que pediches ser unha persoa sabia, vou facer que sexas o máis sabio de todo o mundo. Tamén serás moi rico. Se me obedeces, vivirás moitos anos”.

Salomón comezou a construír o templo. Para facelo usou ouro, prata, madeira e pedra, todo da mellor calidade. Miles de homes e mulleres hábiles traballaron na construción. O templo rematouse en sete anos. Entón chegou o día de dedicarllo a Xehová. Colocaron ofrendas no altar e Salomón axeonllouse diante del, e orou: “Oh, Xehová! Sabemos que mereces un templo máis grande e máis fermoso pero, por favor, acepta a nosa adoración e escoita as nosas oracións”. Gustaríalle a Xehová o templo? Escoitaría a oración de Salomón? Cando Salomón rematou a súa oración, Xehová fixo que caese lume do ceo e queimase as ofrendas do altar. Así Xehová demostrou que lle gustaba o templo, e os israelitas puxéronse moi contentos.

Por todo Israel, e mesmo en lugares moi distantes, sabíase que o rei Salomón era un home moi sabio. A xente ía xunta del para que lle axudase cos seus problemas. Ata a raíña de Saba foi visitalo para facerlle preguntas moi difíciles. Cando escoitou as súas respostas, dixo: “Non cría o que me contaran de ti, pero agora vexo que es aínda máis sabio do que din. E todo grazas á bendición do teu Deus, Xehová”. A xente da nación de Israel vivía ben e era feliz. Pero as cousas ían cambiar moi pronto.

“Aquí está quen é máis ca Salomón” (Mateo 12:42)