Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 75

O Demo tenta a Xesús

O Demo tenta a Xesús

Despois de que Xesús se bautizou, o espírito santo guiouno ata o deserto. Non comeu nada durante corenta días e entroulle a fame. Entón o Demo quixo tentalo e díxolle: “Se de verdade es o fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan”. Xesús contestoulle citando das Escrituras. Díxolle: “Está escrito que precisamos algo máis que comida para vivir. Tamén temos que obedecer todo o que Xehová di”.

Logo, o Demo volveu tentar a Xesús dicíndolle: “Se de verdade es o fillo de Deus, salta dende a parte máis alta do templo. Está escrito que Deus mandará os seus anxos para salvarte”. Xesús volveulle contestar citando das Escrituras: “Está escrito que non debes poñer a proba a Xehová”.

Entón, Satanás ensinoulle a Xesús tódolos reinos do mundo e díxolle: “Dareiche todos estes reinos coa súa gloria e riqueza a cambio de que me adores unha vez”. Pero Xesús contestoulle: “Arreda, Satanás! Está escrito que só debemos adorar a Xehová”.

Entón o Demo marchou, e uns anxos viñeron darlle comida a Xesús. A partir dese momento, Xesús predicou as boas novas do Reino. Ese era o traballo que Xehová lle mandara facer na terra. Á xente encantáballe o que Xesús ensinaba, e seguíano a todas partes.

Se o Demo “fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro e pai da mentira” (Xoán 8:44)