Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 82

Xesús ensina a orar

Xesús ensina a orar

Todo o que facían os fariseos era para impresionar a xente. Se facían algo bo, era para chamar a atención. Por exemplo, oraban en lugares públicos para que todos os visen. Memorizaban oracións moi longas que repetían nas sinagogas e nas rúas. Por iso a xente quedou moi sorprendida cando Xesús lles dixo: “Non oredes coma os fariseos. Eles pensan que por moito falar van impresionar a Deus, pero iso non é certo. As oracións teñen que ser entre vós e Xehová. Non repitades sempre as mesmas cousas. Xehová quere que lle contedes como vos sentides”.

Xesús seguiu explicándolles como orar: “Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome, veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo”. Ademais díxolles que orasen pola comida do día, polo perdón dos seus erros e outros asuntos persoais.

Xesús tamén dixo: “Nunca deixedes de orar. Seguídelle pedindo cousas boas ó voso Pai Xehová. Un pai sempre quere darlle o mellor ó seu fillo. Ou é que hai algún pai que se o fillo lle pide pan, dálle unha pedra? Ou se lle pide un peixe, dálle unha serpe?”.

Entón Xesús explicoulles: “Se vós podedes darlles cousas boas ós vosos fillos, non vai poder Xehová darvos espírito santo? Só tendes que pedirllo”. E ti? Segues o consello de Xesús? Que lle contas a Xehová cando lle oras?

“Pedide e recibiredes, buscade e atoparedes, petade e abrirásevos” (Mateo 7:7)