Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 103

“Veña o teu Reino”

“Veña o teu Reino”

Xehová prometeu: “Non haberá máis choros, nin dor, nin enfermidades, nin morte. Enxugarei tódalas bágoas dos vosos ollos. E non lembraredes as cousas malas do pasado”.

Xehová puxo a Adam e Eva no xardín de Edén para que vivisen felices e en paz. Tiñan que adorar a seu Pai celestial e ter fillos para encher a terra. Adam e Eva desobedeceron a Xehová, pero o que El quería facer non cambiou. Neste libro vimos que todo o que Xehová promete sempre se cumpre. Tal e como lle prometeu a Abraham, o Reino vai traer bendicións marabillosas á terra.

Dentro de pouco, xa non existirán nin Satanás, nin os demos, nin a xente mala. Todo o mundo adorará a Xehová. Non enfermaremos nin morreremos. Espertaremos cada día cheos de enerxía e contentos de estar vivos. A terra converterase nun paraíso. Todos teremos casas boas e comida rica. Non haberá persoas malas ou violentas, só haberá persoas boas. Os animais salvaxes non nos terán medo, nin nós a eles.

Un dos momentos máis emocionantes será cando Xehová comece a resucitar as persoas. Darémoslle a benvida a algúns servos de Deus como Abel, Noé, Abraham, Sara, Moisés, Rut, Ester e David. Traballarán con nós para converter a terra nun paraíso. Sempre teremos moitas cousas interesantes que facer.

Xehová quere que esteas alí. Chegarás a saber cousas del que nin imaxinas. Achégate cada día máis a Xehová, e serás o seu amigo para sempre!

“Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo” (Apocalipse 4:11)