Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 2

Introdución á sección 2

No pasado, Xehová mandou un diluvio que destruíu o mundo. Por que o faría? Ó principio da historia humana, comezou unha batalla: a batalla entre o ben e o mal. Algunhas persoas, como Adam, Eva e o seu fillo Caín, decidiron poñerse de parte do mal. E outras poucas, como Abel e Noé, decidiron poñerse de parte do ben. Como case tódalas persoas se volveron moi malas, Xehová acabou con aquel mundo cheo de maldade. Nesta sección aprenderemos que Xehová pode ver de que parte estamos, e que nunca vai deixar que o mal venza o ben.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 3

Adam e Eva desobedecen a Deus

Que tiña de especial unha das árbores do xardín de Edén? Por que comeu Eva da froita da árbore?

CAPÍTULO 4

Enfádase tanto que mata a seu irmán

A Deus gustoulle a ofrenda de Abel pero non a de Caín. Cando Caín o soubo, enfadouse moitísimo e fixo unha cousa moi mala.

CAPÍTULO 5

A arca de Noé

Os anxos malos viñeron á terra e casaron con mulleres. Os fillos que tiveron eran xigantes e abusóns. Había moita violencia, pero Noé era diferente porque quería a Xehová e o obedecía.

CAPÍTULO 6

Oito persoas sobreviven ó Diluvio

Durante o Diluvio choveu corenta días e corenta noites. Noé e maila súa familia botaron máis dun ano dentro da arca. Finalmente, Xehová díxolles que podían saír.