Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 4

Introdución á sección 4

Nesta sección aprenderemos acerca de Xosé, Xob, Moisés e os israelitas. Todos eles padeceron moito na súa vida por culpa do Demo. Algúns sufriron inxustizas, estiveron no cárcere, foron escravos e mesmo perderon persoas da súa familia. Non obstante, Xehová sempre coidou deles. Se tes fillos, axúdalles a entender como estes servos de Xehová aguantaron o sufrimento sen perder a fe.

Xehová usou dez pragas para demostrar que era moito máis poderoso cós deuses de Exipto. Trata de que o teu fillo vexa como Xehová coidou do Seu pobo no pasado, e como o está a facer hoxe.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 14

Un escravo que obedece a Deus

Aínda que fixo o correcto, Xosé sufriu moitísimo. Por que?

CAPÍTULO 15

Xehová non abandona a Xosé

Aínda que Xosé estaba lonxe da súa familia, Deus sempre estivo ó seu carón.

CAPÍTULO 16

Quen foi Xob?

Obedeceu a Xehová mesmo nos momentos difíciles.

CAPÍTULO 17

Moisés escolle servir a Xehová

Grazas ó plan de súa nai, o pequeno Moisés puido salvarse.

CAPÍTULO 18

Unha silveira ardendo!

Por que a silveira ardía pero non se queimaba?

CAPÍTULO 19

Xehová manda tres pragas

O orgulloso Faraón trouxo a desgraza ó seu pobo por non deixar marchar os israelitas.

CAPÍTULO 20

Seis pragas máis

Cal era a diferenza entre estas pragas e as tres primeiras?

CAPÍTULO 21

A décima praga

Esta praga foi tan devastadora que ata fixo que o orgulloso Faraón ó final cedese.

CAPÍTULO 22

O milagre do Mar Rubio

O Faraón sobreviviu ás dez pragas. Sobreviviría no Mar Rubio?