Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 6

Introdución á sección 6

Cando os israelitas finalmente chegaron á Terra Prometida, o tabernáculo converteuse no centro de adoración a Xehová. Os sacerdotes ensinaban a Lei e os xuíces guiaban a nación. Esta sección mostra o profundo efecto que as nosas decisións e accións poden ter nos demais. Cada israelita era responsable ante Xehová e o próximo. Se tes fillos, destaca como influíron Débora, Noemí, Xosué, Ana, a filla de Iefté e Samuel na xente da súa época. Resalta o feito de que mesmo algunhas persoas que non eran israelitas, como Rahab, Rut, Iael ou os gabaonitas, decidiron unirse a eles porque sabían que Xehová estaba con Israel.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 29

Xehová escolle a Xosué

As instrucións que Xehová lle deu a Xosué poden ser útiles para nós.

CAPÍTULO 30

Rahab esconde os espías

Os muros de Iericó viñéronse abaixo. Pero a casa de Rahab, aínda que estaba enriba do muro, quedou en pé.

CAPÍTULO 31

Xosué e os gabaonitas

Xosué pediulle a Deus que detivese o Sol. Recibiría resposta a súa petición?

CAPÍTULO 32

Un novo líder e dúas mulleres valentes

Despois de morrer Xosué, os israelitas comezaron a adorar ídolos e viñeron os problemas. A axuda chegou co xuíz Barac, a profetisa Déborah, e Iael coa súa estaca!

CAPÍTULO 33

Rut e Noemí

Dúas viúvas regresaron a Israel. Unha delas, chamada Rut, foi traballar nas leiras e non lle pasou desapercibida a Boaz.

CAPÍTULO 34

Guideón vence os madianitas

Despois de aguantar moitas dos madianitas, Israel pediulle a Xehová que os axudase. Como conseguiu o pequeno exército de Guideón vencer 135.000 soldados inimigos?

CAPÍTULO 35

Ana pídelle un fillo a Xehová

Elcanah levou a Ana, Peninah e os nenos a adorar a Xehová no tabernáculo en Xiloh. Alí, Ana pediulle a Deus un fillo. Un ano despois naceu Samuel.

CAPÍTULO 36

A promesa de Iefté

Que promesa fixo Iefté, e por que? Como reaccionou a súa filla cando soubo da promesa de seu pai?

CAPÍTULO 37

Xehová fala con Samuel

Os dous fillos do sumo sacerdote Elí servían como sacerdotes no tabernáculo, pero non obedecían as leis de Xehová. Samuel era un rapaz diferente, e Xehová falou con el.

CAPÍTULO 38

O segredo da forza de Sansón

Xehová deulle unha forza extraordinaria a Sansón para vencer os filisteos. Sansón tomou unha mala decisión e os filisteos capturárono.