Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 7

Introdución á sección 7

Esta sección céntrase nos reis Xaúl e David. Abrangue uns oitenta anos. Ó principio Xaúl era humilde e obedecía a Deus, pero cambiou e rexeitou a guía divina. Entón Xehová rexeitouno a el e, co tempo, mandou a Samuel unxir a David como futuro rei de Israel. Xaúl estaba celoso e intentou matar a David varias veces. Pero David nunca se vingou. Ionatán, o fillo de Xaúl, sabía que David era o escollido de Xehová, así que sempre lle foi leal. Malia cometer pecados graves, David sempre aceptou a disciplina de Xehová. Se tes fillos, axúdalles a ver a importancia de ser obedientes e leais a Xehová e ós que el escolle para dirixirnos.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 39

O primeiro rei de Israel

Aínda que Deus lles dera xuíces para dirixilos, os israelitas querían un rei. Samuel unxiu a Xaúl para que fose o primeiro rei. Co tempo, Xehová rexeitouno. Por que?

CAPÍTULO 40

David e Goliat

Xehová escolleu a David para ser o seguinte rei de Israel, e David demostrou que sería un bo gobernante.

CAPÍTULO 41

David e Xaúl

Un home malo odiaba a un home bo. Como reaccionaría o home bo?

CAPÍTULO 42

Ionatán, un home valente e leal

O fillo do rei fíxose moi bo amigo de David.

CAPÍTULO 43

O rei David peca contra Xehová

Unha mala decisión causou moitos problemas.