Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 8

Introdución á sección 8

Xehová bendiciu a Salomón dándolle moita sabedoría e o gran honor de construír o templo. Non obstante, pouco a pouco apartouse de Xehová. Se tes fillos, explícalles como outras persoas que adoraban deuses falsos afastaron a Salomón de Xehová. O reino dividiuse, e reis malos fixeron que o país caese na apostasía e na idolatría. Nese tempo, moitos profetas leais de Xehová foron perseguidos e asasinados. A raíña Iezabel conseguiu que o reino do norte se apartase aínda máis de Xehová. Foi unha época moi escura na historia de Israel. Pero aínda quedaban moitos servos fieis de Xehová entre os israelitas, como o rei Ioxafat e o profeta Elías.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 44

Un templo para Xehová

A Deus pareceulle ben a petición de Salomón e bendiciuno moito.

CAPÍTULO 45

Un reino dividido

Moitos israelitas deixaron de adorar a Xehová.

CAPÍTULO 46

A proba do monte Carmelo

Quen é o Deus verdadeiro? Xehová ou Baal?

CAPÍTULO 47

Xehová dálle forzas a Elías

Cres que poderá darche forzas a ti tamén?

CAPÍTULO 48

O fillo dunha viúva volve á vida

Dous milagres na mesma casa!

CAPÍTULO 49

A malvada raíña Iezabel

Iezabel conspirou para matar un israelita chamado Nabot só para roubarlle a súa viña. Xehová non pasou por alto esta inxustiza nin a súa maldade.

CAPÍTULO 50

Xehová defende a Ioxafat

Cando as nacións inimigas ameazaron Xudá, o rei Ioxafat oroulle a Deus por axuda.