Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 10

Introdución á sección 10

Xehová é o Rei de todo o que existe. Sempre tivo todo baixo control e sempre o terá. Por exemplo, rescatou a Xeremías dun pozo con lama, salvou a Xadrac, Mixac e Abednegó dun forno con lume, e a Daniel duns leóns. Tamén protexeu a Ester e así ela puido salvar toda a nación. El non permitirá que a maldade dure para sempre. As profecías que describen unha grande estatua e unha enorme árbore son unha garantía de que o Reino de Xehová pronto acabará con toda a maldade e gobernará na terra.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 57

Xehová manda predicar a Xeremías

Os anciáns de Xudá enfadáronse moito polo que lles dixo este profeta.

CAPÍTULO 58

A destrución de Xerusalén

Xehová abandonou o pobo de Xudá porque seguiron adorando deuses falsos.

CAPÍTULO 59

Catro mozos obedecen a Xehová

Catro mozos xudeus estiveron decididos a ser fieis a Xehová, mesmo no pazo real de Babilonia.

CAPÍTULO 60

Un reino que durará para sempre

Daniel explicou o significado dun soño moi raro que tivo Nabucodonosor.

CAPÍTULO 61

Non adoran a estatua

Xadrac, Mixac e Abednegó negáronse a adorar a estatua de ouro do rei de Babilonia.

CAPÍTULO 62

Un reino semellante a unha árbore

O soño de Nabucodonosor predixo o futuro do rei.

CAPÍTULO 63

Unha mensaxe misteriosa na parede

Cando apareceu esta misteriosa mensaxe? E que significaba?

CAPÍTULO 64

Daniel no foxo dos leóns

Fai coma Daniel e óralle a Xehová tódolos días.

CAPÍTULO 65

Ester salva o seu pobo

Aínda que era estranxeira e orfa, chegou a ser raíña.

CAPÍTULO 66

Esdras ensina a Lei de Xehová

Despois de escoitar a Esdras, os israelitas fixéronlle unha promesa especial a Xehová.

CAPÍTULO 67

As murallas de Xerusalén

Cando Nehemías soubo que os seus inimigos decidiran atacar Xerusalén, non se asustou. Por que?