Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 14

Introdución á sección 14

Os primeiros cristiáns espallaron as boas novas do Reino ata os confíns da terra. Xesús dirixiunos para que soubesen onde predicar, e por medio dun milagre fixo que ensinasen a verdade nos idiomas que falaba a xente. Aínda que sufriron moita persecución, Xehová deulles o valor e o poder que precisaban para aguantar.

Nunha visión, Xesús mostroulle a Xoán a gloria de Xehová. Noutra, Xoán viu o Reino dos ceos acabando co Demo e o seu dominio para sempre. Xoán contemplou a Xesús como rei e outros 144.000 gobernando con el. Tamén viu toda a terra convertida nun paraíso onde todos adoraban a Xehová en paz e unidade.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 94

Os discípulos reciben espírito santo

Que don lles concedeu o espírito santo?

CAPÍTULO 95

Nada podería paralos

Os mesmos guías relixiosos que mataron a Xesús intentaron silenciar os discípulos. Pero non puideron.

CAPÍTULO 96

Xesús escolle a Saulo

Saulo era un inimigo implacable dos cristiáns. Pero estaba a piques de cambiar.

CAPÍTULO 97

Cornelio recibe espírito santo

Por que mandou Deus a Pedro á casa deste home que non era xudeu?

CAPÍTULO 98

Os cristiáns predican en moitos lugares

O apóstolo Paulo e os seus compañeiros de xira comezaron a predicar en lugares afastados.

CAPÍTULO 99

Un carcereiro aprende acerca de Xehová

Por que botaron no cárcere a Paulo e a Silas? Como aprendeu o carcereiro acerca de Deus?

CAPÍTULO 100

Paulo e Timoteo

Estes dous homes serviron xuntos a Xehová por moitos anos e foron moi bos amigos.

CAPÍTULO 101

Paulo vai a Roma

A viaxe estivo chea de perigos, pero nada puido detelo.

CAPÍTULO 102

As visións de Xoán

Xesús mostroulle a Xoán unha serie de visións sobre o futuro.

CAPÍTULO 103

“Veña o teu Reino”

As visións de Xoán mostraron como cambiará a vida na terra grazas ó Reino de Deus.