CANCIÓN 19
A Cea do Señor
-
1. Oh, Pai, nesta noite sagrada,
xuntarnos é un gran pracer!
No pasado, Xehová, decidiches mostrar
xustiza, amor e saber.
O teu pobo ti protexiches
co sangue do año pascual.
E despois, por amor, veu Xesús onda nós,
pra tamén liberdade nos dar.
-
2. O pan e o viño recordan
que Cristo se sacrificou.
Cun amor sen igual,
a ti, Pai, foi leal,
o sangue por nós derramou.
As grazas che damos, Xehová Deus!
Por sempre queremos lembrar
que o Cristo morreu,
un futuro nos deu,
un gran prezo por nós veu pagar.
-
3. Xehová, moi contentos estamos
por vir á Conmemoración
pra poderte honrar
e tamén grazas dar,
pois temos por ti salvación.
Ti dásnos consolo e forzas!
Ti fasnos felices, Xehová!
Seguirémo-la lei de Xesús, noso Rei,
pra ter vida e paz sen final.
(Ver tamén Lc. 22:14-20; 1 Cor. 11:23-26.)