Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 28

Quen pode ser amigo de Xehová?

Quen pode ser amigo de Xehová?

(Salmo 15)

  1. 1. Quen, noso Deus Xehová,

    ó teu carón terás?

    Quen nos teus adros vas recibir?

    Quen te coñecerá?

    Son os que fe en ti

    poñen ó aprender

    as túas verbas, a túa lei,

    queren facer o ben.

  2. 2. Quen teu amigo, Pai,

    pode chegar a ser?

    Quen o teu riso fai agromar?

    Quen te coñece ben?

    Só os que, por amor,

    queren obedecer,

    só os humildes, só os leais,

    firmes na súa fe.

  3. 3. Grazas á oración,

    calma eu sentirei.

    Con agarimo, coidas de min,

    non desfalecerei.

    Sempre te hei servir,

    preto, ó teu carón.

    Sempre contigo, sempre, meu Deus,

    vida non hai mellor.

(Ver tamén Sal. 139:1; 1 Pe. 5:6, 7.)