CANCIÓN 35
Asegúrate do máis importante
(Filipenses 1:10)
-
1. Que é pra ti o máis importante,
que ten pra ti máis valor?
Farás moi ben en telo moi claro
e non ceder á presión.
(REFRÁN)
Fica con Deus, lisca do mal.
Sé moi leal.
Pensa nas cousas que son de valor.
Sen distraccións,
dá o mellor ó teu Deus, Xehová.
-
2. Que pode ser de máis importancia
que ir falar de Xehová,
mirar por quen acougo precisa,
falar das novas de paz?
(REFRÁN)
Fica con Deus, lisca do mal.
Sé moi leal.
Pensa nas cousas que son de valor.
Sen distraccións,
dá o mellor ó teu Deus, Xehová.
-
3. Se fas de Deus o máis importante
terás acougo e paz.
E vas senti-lo seu agarimo,
Xehová de ti vai coidar.
(REFRÁN)
Fica con Deus, lisca do mal.
Sé moi leal.
Pensa nas cousas que son de valor.
Sen distraccións,
dá o mellor ó teu Deus, Xehová.
(Ver tamén Sal. 97:10; Xn. 21:15-17; Flp. 4:7.)