Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 38

Xehová darache forzas

Xehová darache forzas

(1 Pedro 5:10)

  1. 1. Foi por amor que Deus mandou chamar por ti,

    libroute deste mundo de Satán.

    Teu corazón El viu, mancado polo mal,

    en busca da xustiza mais da paz.

    Promete serlle fiel ó Creador,

    el sempre vai estar ó teu carón.

    (REFRÁN)

    Co sangue do seu Fillo

    comproute Deus Xehová.

    El firme te fará

    e forzas che dará.

    No medio deste mundo

    sempre te coidará.

    El firme te fará,

    el forzas che dará!

  2. 2. Xehová seu Fillo deu, non hai maior amor,

    desexa verte sempre moi feliz.

    Se foi capaz de da-la vida de Xesús,

    a forza d’El podemos recibir.

    “De ti ben coidarei”, promete Deus;

    “xamais esquecerei os servos meus”.

    (REFRÁN)

    Co sangue do seu Fillo

    comproute Deus Xehová.

    El firme te fará

    e forzas che dará.

    No medio deste mundo

    sempre te coidará.

    El firme te fará,

    el forzas che dará!

(Ver tamén Rm. 8:32; 14:8, 9; Heb. 6:10; 1 Pe. 2:9.)