CANCIÓN 44
A oración do desconsolado
(Salmo 4:2 [4:1, NM])
-
1. Xehová, querido Pai,
escoita esta oración,
non deixes sen acougo
este feble corazón.
As penas pesan, fanme mal
e vou esmorecer.
Preciso forzas, dáme azos,
quero serche fiel.
(REFRÁN)
Co teu poder aguantarei,
non vou caer, resistirei.
Ti termarás da miña man
e sentirei a túa paz.
-
2. Consolo e refuxio
sinto eu ó teu carón,
a Biblia ti nos deches,
que gran mostra de amor!
Os meus xemidos non esquezas,
faime ter máis fe,
preciso que me coides
para non desfalecer.
(REFRÁN)
Co teu poder aguantarei,
non vou caer, resistirei.
Ti termarás da miña man
e sentirei a túa paz.
(Ver tamén Sal. 42:7 [42:6, NM]; 119:28; Rm. 8:26; 2 Cor. 4:16; 1 Xn. 3:20.)