Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 59

Louvemos xuntos a Xehová

Louvemos xuntos a Xehová

(Salmo 146:2)

  1. 1. Xuntos a Deus

    imos cantar!

    Grazas daremos por canto nos dá.

    El é amor,

    El ten poder.

    O seu gran nome darei a saber.

    Mentres eu viva a Deus cantarei!

  2. 2. Xuntos a Deus

    imos honrar!

    Que ben nos coida Xehová, noso Pai!

    El é moi bo,

    quérenos ben.

    As oracións sei que vai responder.

    El dáme forzas pra non decaer.

  3. 3. Xuntos a Deus

    imos louvar!

    O seu gran Reino moi pronto virá.

    Ós corazóns,

    El dálles paz.

    Nos seus consellos eu vou confiar.

    Imos louva-lo por sempre xamais!

(Ver tamén Sal. 94:18, 19; 145:21; 147:1; 150:2; Feit. 17:25.)