Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 66

Prediquemos as boas noticias

Prediquemos as boas noticias

(Apocalipse 14:6, 7)

  1. 1. Hai moito tempo que Xehová profetizou

    que nos liberaría da imperfección.

    Cos anos, foinos dando máis información,

    o gran segredo do seu Reino revelou.

    Por medio do rescate, Xesucristo deu

    a súa vida pra

    salva-los que crean nel.

    Agora xa goberna, é o noso Rei.

    Xehová unxiu uns poucos pra reinar con el.

  2. 2. Deus explicou cal é a nosa comisión,

    que temos que centrarnos na predicación.

    Os anxos colaboran neste gran labor,

    sentimos que nos dan a súa protección.

    Que privilexio temos de participar

    levando as noticias

    de vida sen final!

    É un honor ser testemuñas de Xehová,

    por todas partes a mensaxe anunciar!

(Ver tamén Mar. 4:11; Feit. 5:31; 1 Cor. 2:1, 7.)