CANCIÓN 70
Busquemos os merecedores
-
1. Xesús ensinou como hai que falar
acerca do Reino de Deus:
“Buscade a quen sexa merecedor,
os dispostos a obedecer.
A tódalas casas habedes levar
a mensaxe de vida e paz.
Se non vos acollen, nin deixan falar,
sacudide os pés ó marchar”.
-
2. Aqueles que queiran saber máis de Deus
o seu corazón abrirán.
Dispostos a ter unha vida sen fin,
servirán xunta nós a Xehová.
Xamais tremeremos por ter que falar,
pois axuda Xehová nos dará.
A nosa resposta cun chisco de sal
os humildes fará cavilar.
(Ver tamén Feit. 13:48; 16:14; Col. 4:6.)