Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 76

Como te fai sentir?

Como te fai sentir?

(Hebreos 13:15)

  1. 1. Como te fai sentir

    predicar e ensinar,

    esforzarte por lograr

    os corazóns tocar?

    Se dámo-lo mellor,

    coa axuda do Creador,

    poderemos encontrar

    quen queira escoitar.

    (REFRÁN)

    Eu son feliz ó predicar,

    por iso canto a Xehová.

    E seguirei ó seu carón,

    dareille o mellor.

  2. 2. Como te fai sentir

    ir falar con ilusión

    a quen ten bo corazón

    e busca salvación?

    Moitos escoitarán,

    pero algúns non quererán.

    Nós seguimos a falar

    do noso Deus, Xehová.

    (REFRÁN)

    Eu son feliz ó predicar,

    por iso canto a Xehová.

    E seguirei ó seu carón,

    dareille o mellor.

  3. 3. Como te fai sentir

    que Xehová confíe en ti,

    que che axude a compartir

    o que te fai feliz?

    Sen medo ó falar,

    pero cun pouquiño sal.

    Seguiremos, por amor,

    na obra do Señor.

    (REFRÁN)

    Eu son feliz ó predicar,

    por iso canto a Xehová.

    E seguirei ó seu carón,

    dareille o mellor.

(Ver tamén Feit. 13:48; 1 Tes. 2:4; 1 Tim. 1:11.)