CANCIÓN 90
Animémonos uns ós outros
(Hebreos 10:24, 25)
-
1. Ó darnos forzas uns ós outros
pra ser leais ó noso Pai,
tamén aumenta o cariño,
a unidade maila paz.
Os irmanciños dannos folgos,
coraxe, forzas e valor.
Consolo e seguridade
sentimos na congregación.
-
2. Palabras ditas ó seu tempo,
que boas e xeitosas son!
Amosan canto nos queremos
e calman moitos corazóns.
Que ben nos fan os bos amigos
cos que servimos a Xehová!
As nosas cargas compartimos
e moito ánimo nos dan.
-
3. Moi preto vemos xa o día
da guerra do gran Deus Xehová.
Por iso é tan importante
xuntarnos moito cos irmáns.
Alegres pese ós perigos,
xuntiños pra nos animar.
Sigamos sempre moi unidos
servindo fieis o noso Pai.
(Ver tamén Lc. 22:32; Feit. 14:21, 22; Gál. 6:2; 1 Tes. 5:14.)