Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 94

Grazas pola túa Palabra

Grazas pola túa Palabra

(Filipenses 2:16)

  1. 1. Graciñas che damos, querido Xehová,

    por tantos consellos que sempre nos dás.

    Palabras inspiradas

    fixeches escribir,

    son faro que guía o noso vivir.

  2. 2. A túa Palabra afonda en nós,

    as leis que contén chegan ó interior.

    Remove sentimentos

    e fai reflexionar.

    Queremos cumprila pra che agradar.

  3. 3. A Biblia describe historias reais,

    son grandes exemplos pra sermos leais.

    A Biblia dános forzas

    e fainos mellorar.

    Que bo agasallo! Graciñas, Xehová!

(Ver tamén Sal. 19:10 [19:9, NM]; 119:16, 162; 2 Tim. 3:16; Sant. 5:17; 2 Pe. 1:21.)