CANCIÓN 95
A luz non deixa de medrar
(Proverbios 4:18)
-
1. Hai tempo que moitos profetas de Deus
souberon que Cristo viría.
Xehová revelou que seu Fillo, Xesús,
sería quen nos salvaría.
O día chegou, o Mesías é Rei;
non temos por que dubidar.
Graciñas, Xehová, por poder coñecer
o sendeiro que vida nos dá!
(REFRÁN)
O noso camiño refulxe,
andamos na luz que Deus dá.
Confiamos no noso camiño,
marchamos na luz de Xehová!
-
2. Un criado prudente, Xesús nomeou,
con coido, prové alimento.
A luz da verdade, co tempo, medrou,
orienta en todo momento.
Con paso ben firme, marchamos con fe;
afoutos debemos seguir.
Graciñas, Xehová, por ser Fonte da Luz
que aluma o noso porvir!
(REFRÁN)
O noso camiño refulxe,
andamos na luz que Deus dá.
Confiamos no noso camiño,
marchamos na luz de Xehová!
(Ver tamén Rm. 8:22; 1 Cor. 2:10; 1 Pe. 1:12.)