Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 96

A Palabra de Deus é un tesouro

A Palabra de Deus é un tesouro

(Proverbios 2:1)

  1. 1. A Biblia é o libro máis sagrado,

    dá folgos, vida, guía, paz e fe.

    Ten tanta forza e sabedoría

    que fai feliz a quen remoe nel.

    O seu valor reside nas palabras

    que o Autor a homes inspirou;

    mediante eles, temos a mensaxe

    que noso Pai a todos regalou.

  2. 2. Relata como todo foi creado,

    en todo vemos o amor de Deus.

    Que ben describe o xardín perfecto

    e como todo iso se perdeu.

    Tamén nos fala dun malvado anxo

    que acusou a Deus de ser mal rei.

    El provocou que morte e pecado

    gobernen sobre nós e sexan lei.

  3. 3. Chegou o tempo da felicidade:

    Xesús é rei do Reino celestial.

    Con gran ledicia, imos pregoando

    as boas novas que prometen paz.

    A Biblia temos coma un tesouro,

    pois dá alento, trae paz mental.

    Dá esperanza á humanidade,

    contén os pensamentos de Xehová.

(Ver tamén 2 Tim. 3:16; 2 Pe. 1:21.)