Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 106

Medremos en amor

Medremos en amor

(1 Corintios 13:1-8)

  1. 1. As calidades dun bo cristián,

    pregamos sempre poder mostrar.

    Mais ben sabemos que, sen amor,

    o cristianismo non ten valor.

    De nada vale a nosa fe,

    ser sabios, rexos, ou moito ler.

    En cada xesto, queremos, Pai,

    mostrar amor cara ós demais.

  2. 2. Atento, xusto e servizal,

    buscando formas de axudar.

    Non leva conta, non ten rancor,

    perdoa moito, de corazón.

    Confía sempre e pensa ben,

    ó feble procurará valer.

    A todo pode sobrevivir,

    supera todo sen desistir.

(Ver tamén Xn. 21:17; 1 Cor. 13:13; Gál. 6:2.)