CANCIÓN 122
Manteñámonos firmes e fieis
(1 Corintios 15:58)
-
1. O mundo vai cada vez a peor,
é inestable, só hai confusión.
Pero ben firmes nos imos manter,
sen separarnos de Deus.
(REFRÁN)
Firmes, nin un paso atrás.
Lonxe de todo o mal.
Sempre fieis a Xehová,
o fin moi cerca está.
-
2. Non somos ondas que veñen e van,
nin marionetas nas mans de Satán.
Como amámo-lo que ama Xehová,
nada nos fai esvarar.
(REFRÁN)
Firmes, nin un paso atrás.
Lonxe de todo o mal.
Sempre fieis a Xehová,
o fin moi cerca está.
-
3. De corazón adoramos a Deus,
nada é máis importante ca el.
Somos constantes na predicación.
Pronto virá Armaxedón!
(REFRÁN)
Firmes, nin un paso atrás.
Lonxe de todo o mal.
Sempre fieis a Xehová,
o fin moi cerca está.
(Ver tamén Luc. 21:9; 1 Ped. 4:7.)