CANCIÓN 126
Moi valentes, firmes e alerta
(1 Corintios 16:13)
-
1. Manteñámonos moi firmes,
decididos a aguantar.
A vitoria é segura,
pero temos que loitar.
A Xesús seguimos con valor,
xunta o Rei tomamos posición.
(REFRÁN)
Moi valentes, firmes e alerta,
preparados ata o fin.
-
2. Manteñámonos atentos
escoitando as instrucións,
obedientes ó escravo,
vén de Cristo a dirección.
Os consellos que os anciáns nos dan
son axudas pra seguir leais.
(REFRÁN)
Moi valentes, firmes e alerta,
preparados ata o fin.
-
3. Manteñámonos unidos,
predicando cos irmáns.
Somos miles dando honra
ó gran nome de Xehová.
O seu pobo non se vai deter,
o Armaxedón está a caer!
(REFRÁN)
Moi valentes, firmes e alerta,
preparados ata o fin.
(Ver tamén Mat. 24:13; Heb. 13:7, 17; 1 Ped. 5:8.)