CANCIÓN 132
Xa somos un
(Xénese 2:23, 24)
-
1. Ó teu carón, ante Xehová,
hoxe prometo serche leal.
E amareite por sempre,
xamais te vou deixar.
Nunca máis só, son tan feliz!
Sinto que ti es parte de min.
Formamos unha familia.
Xa somos un, por fin!
O amor non fallará xamais,
imos demostrar
que todo pode lograr.
Grazas darei cada mañá
por xunta ti poder despertar.
E serviremos unidos
o noso Creador, Xehová.
(Ver tamén Xén. 29:18; Ecl. 4:9, 10; 1 Cor. 13:8.)