CANCIÓN 134
Os fillos son un regalo de Deus
(Salmo 127:3-5)
-
1. Cando nace un pequeno,
recibiron pai e nai este don,
un agasallo moi fermoso
do que responden ó Señor.
Alento deu o Pai dos ceos
ó pequeniño que á vida veu.
E os seus pais educarano
cos bos consellos que Deus nos deu.
(REFRÁN)
Un fillo é un agasallo,
herdanza, froito que coidar.
Nas vosas mans, están os fillos,
a bendición do Pai Xehová.
-
2. “Os preceptos que vos mando,
levaredes dentro do corazón,
compartiredes cos pequenos
os meus mandatos, con amor.
Aproveitade no camiño,
ó espertar, e antes de durmir.
E que, co tempo, non esquezan,
que sexan sempre leais a min.”
(REFRÁN)
Un fillo é un agasallo,
herdanza, froito que coidar.
Nas vosas mans, están os fillos,
a bendición do Pai Xehová.
(Ver tamén Dt. 6:6, 7; Ef. 6:4; 1 Tim. 4:16.)