CANCIÓN 139
Imaxina que estás no mundo novo
(Apocalipse 21:1-5)
-
1. Estás a ver, e vexo eu,
o mundo novo que Deus prometeu?
Ti pensa só que vas sentir
ó ver a terra en paz, por fin!
Xa non hai dor, xa non hai mal,
o que Deus di abofé fará!
Chegou o momento de recomezar.
Cancións de loanzas
querémosche cantar:
(REFRÁN)
“Graciñas, meu Deus, por sempre cumprir!
O Cristo deches, morreu el por min.
Cheíños de ledicia estamos, Xehová,
por iso, Pai noso, querémoste louvar”.
-
2. Que ben nos fai imaxinar
a terra nova que pronto virá!
Endexamais problemas ter,
xa rematou o que fai tremer.
Acampará connosco Deus.
El ha cumprir o que prometeu:
milleiros que dormen na morte sairán,
e todos a unha
irémosche cantar:
(REFRÁN)
“Graciñas, meu Deus, por sempre cumprir!
O Cristo deches, morreu el por min.
Cheíños de ledicia estamos, Xehová,
por iso, Pai noso, querémoste louvar”.
(Ver tamén Sal. 37:10, 11; Is. 65:17; Xn. 5:28; 2 Pe. 3:13.)